Opinión

O monte agradecerá o consenso

TIVO que vir unha vaga de lumes que se cobrou catro vidas humanas e arrasou 50.000 hectáreas para que, por fin, se abordara un plan integral que solucione un problema que, en menor ou maior gravidade, se sucede cada ano en Galicia. E non se trata do lume só, senón tamén da xestión do monte. Aínda que tardío, deu un paso á fronte Feijóo e abre o proxecto forestal a aportacións de todos os grupos políticos, que de entrada non o rexeitan, básico para que ninguén quede excluído e o remedio se considere conxunto. E con isto, trinta medidas coas que, agora si, globalízase, desde actuar nas parcelas de titular ilocalizable á ordenación e posta en valor do monte, á vixilancia para o cumprimento das medidas de prevención ou á xestión da biomasa. Son elementais para poñerlle freo aos incendios e, ao tempo, xerar riqueza. Non estamos acostumados a consensos, pero este é imprescindible.

Comentarios