''O grupo fai teatro como ferramenta de acción social''

ADE2212P120F1.JPG
photo_camera ADE2212P120F1.JPG

Axúnica, da que vostede é presidente, organiza a actuación de Teatro Zero, en colaboración coa plataforma A Desalambrar. ¿Que retos persiguen e en que consiste a obra?

Teatro Zero vén de Madrid para esta actuación, ás 20.00 horas no centro Maruja Mallo. Ten relación con A Desalambrar, colectivo que organiza mensualmente en Lugo, Madrid e Murcia os círculos de silencio, que serven para denunciar o trato inxusto aos inmigrantes nos centros de detención. Os círculos son un movemento que crearon uns xesuítas franceses e Lugo é unha das poucas cidades españolas onde se fan.

¿Que tipo de obra presentan? ¿A actuación é libre e gratuíta?

A actuación é gratuíta, aunque se admitirán aportacións, porque considérase que non ten prezo, pero si valor. O grupo ten a filosofía de que o teatro é unha ferramenta social, de acción e comunicación. Por iso, ao final da obra haberá tamén un diálogo cun actor.

¿Cal é o motivo da implicación de Axúnica, coñecida polo seu vínculo con proxectos en Nicaragua?

Axúnica ten sensibilidade social e parécenos incongruente non ser solidario cos que sofren na casa.

Comentarios