Opinión

O deber do poder

PARECE QUE callou a idea na cidadanía de que os casos de corrupción nos políticos prodúcense porque son fiel reflexo da sociedade, que tamén é corrupta. Absterse de pagar o IVE, omitir algunha ‘cousiña’ no IRPF, pedir ‘enchufe’ para adiantar unha cita médica, copiar nun exame... son actos comúns, pero reprobables. E non porque todo o mundo o faga deixarán de ser inmorais e/ou ilícitos. Agora ben, os representantes elixidos polo pobo están obrigados a dar exemplo, precisamente porque deles depende reprender á prole, isto é, facer leis para que todos os cidadáns teñan os mesmos deberes e dereitos. É inadmisible o que está a ocorrer na actualidade, con centos de políticos investigados, imputados, procesados ou como demos se lle chame... e aínda nos seus respectivos cargos. «Todo poder é deber», dicía Víctor Hugo. E este deber implica (ou debería) dimitir. Sen máis hostias.

Comentarios