Imprimir

O CSIF teme que Alcoa siga o camiño dos asteleiros polas axudas eléctricas

Delegación / El Progreso | 24 de julio de 2013

Os traballadores, nunha asamblea de xuño. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)
Os traballadores, nunha asamblea de xuño. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)

O sindicato CSI-CSIF de Alcoa alertou na asamblea de traballadores celebrada na mañá de onte da posibilidade de que a Unión Europea non acepte que o Goberno español subvencione a tarifa eléctrica reducida para a planta, o que levaría á multinacional a devolver os cartos recibidos, «o que nos podería colocar na mesma situación de crise que os asteleiros, co perigo de perda de postos de traballo», según aseverou o portavoz da central sindical, José Manuel Piñar.

A cuestión xa foi motivo de análise entre o comité e a dirección «e foi a propia empresa a que esixiu contar co respaldo de Bruxelas, xa que non quería ter sorpresas coma en Italia, onde se viu obrigada a aboar unha importante cantidade de cartos. Neste caso, están confiados en que a cousa vaia para adiante e non cren que haxa problema, e nós temos que crer á empresa», afirman dende a UXT o sindicato maioritario.

 

Consiga AQUÍ la información completa

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/o-csif-teme-que-alcoa-siga-o-camino-dos-asteleiros-polas-axudas-electricas/20130724163000282969.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)