«O ano que vén vólvome presentar. Onde hai que asinar?»

Está feliz co seu posto 23. E avisa: «O ano que vén vólvome presentar. Onde hai que asinar?». Cando comezou a súa aventura para representar a España en Eurovisión, Lucía Pérez Vizcaíno aseguraba que para ella o triunfo estaba en chegar á final de ‘Destino Eurovisión’. Rematou o periplo cun discreto antepenúltipo posto na quinquaséxima sexta edición do festival da canción do vello continente (e hijuelas, que poñía nos coches de liña) e foi unha luguesa do Incio a que desparramou carisma entre os eurofans de medio mundo.

Lucía Pérez sostén que leva a maleta ben cargada. Van os 50 puntos acadados, con consabidos ‘douze points’ de Portugal e Francia, os oito de Romanía, catro de Estonia, un do Reino Unido, os dous de Eslovenia e outro par de Eslovaquia.

Abriu o casilleiro Macedonia con catro cando xa se mascaba a traxedia e sobrevoaba polo Esprit Arena de Dusselforf o recordo do cero de Remedios Amaya na última vez que Eurovisión se celebrara por terras teutonas, antes da caída do muro.

En descargo de Lucía Pérez hai que dicir que a súa foi unhas das actuacións máis coreadas e aplaudidas da noite, que conseguiu quitarlle un «wonderful» ao pouco xeneroso comentarista da BBC1 Graham Norton, que foi número catro no ‘trending topic’ mundial de Twitter e que o seu «moitas gracias» ao rematar a actuación chegou ao corazonciño dos galegos.

A palabra fracaso non colle na bagaxe de Lucía Pérez cando leva canda si todas estas cousas á súa casa de Goó, no Incio, logo dunha temporada de non parar.

«Cando estás enriba do escenario non sintes para nada que é un fracaso. Haberá xente que o diga, pero eu non podo facelo coa enerxía que sentín e a euforia que sentín ao baixar do escenario», engade a inciega.

Lucía Pérez non quere caer na teoría da conspiración e desbota iso de que coa entradados países dos extinto bloque soviético Eurovisión xa non é o que era. «Ao final, se gaña un país, non é só porque reciba votos dos veciños, senón porque gusta en xeral en toda Europa», di.

Ademais, isto de Eurovisión «é unha lotería e unha sorpresa permanente». Os favoritos quédanse en favoritos e os gañadores son outros.

Ella non quere falar de se lle tería cantado outro galo con ‘Abrázame’ a tan mentada balada da preselección española e de se faría as cousas doutro xeito sabendo o sabido: «O que sé é que o non saber e a inocencia regaloume momentos fantásticos polo inesperado».

Por se fose pouco, ata os máis detractores de ‘Que me quiten lo bailao’ remataron por rendirse ao efecto Lucía Pérez e os eurofáns con máis sabedoría e background ESC xuran por Carola que a rapaza do Incio fixo as cousas como tiña que facer.

«Estivo fantástica no Euroclub y non desbotou ocasión para achegarse aos fans», aseguran. E para facerse ocos. «Xa sei que vou ter traballo este verán, presentarei o meu disco e iso motívame». Que quen gañou? Pois Acerbaián, para desgusto da nutrida afección homesexual ao certame musical europeo.

O país azerí, que non gañou a súa semifinal, impúxose aos grandes favoritos na finalísima na votación máis axustada en tempo. O regreso de Italia tras catorce anos foi premiado con un segundo posto e Ucraína acadou o terceiro posto.

Nin Francia, co seu tenor corso Amaury, nin a cacarexada volta do supergrupo británico Blue, nin sequera o descaro postadolescente e tolo dos irlandeses Jedward puido cunha produción de selo sueco, comprada por Azerbaián a golpe de talonario, que situou un país que leva participando nisto da eurofuria desde 2008. Case un chegar e encher na dilatada historia deste festival na que calquera cousa pode pasar.

Os eurofans citaranse o ano que vén en Baku, pero este verán o que petará, din los máis vellos do lugar, será a coregrafía de ‘Que me quiten lo bailao’. Como recollía unha mensaxe do Twitter de El Progreso: «A París de Noia xa ensaia o baile de Lucía Pérez».

Comentarios