As nubes chegan a Galicia este luns

As temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente
cielos con intervalos nubosos y precipitaciones intermitentes. ALBA SOTELO
photo_camera Ceo con nubes. ALBA SOTELO

O luns o anticiclón retírase lixeiramente cara o oeste o que permitirá a chegada dunha fronte moi desfeita ó extremo norte de Galicia pola noite. Con isto agardamos unha xornada de ceos con nubes altas, néboas matinais no interior e cun aumento das nubes baixas cara á noite no terzo norte, con posibilidade de algunha chuvia miúda.

As temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, aumentando de intensidade pola noite.

Meteogalicia

Comentarios