Non usar máscara en Foz pode custar a un home 3.000 euros

A Policía Local denunciou dúas veces no mesmo día a un veciño e outra de Euskadi negouse a poñela, ademais de alterar a orde pública
Una mujer con mascarilla por la calle. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Unha muller con máscara pola rúa. PEPE FERRÍN (AGN)

A Policía Local de Foz ven de alertar a veciños e visitantes da emerxencia sanitaria grave polo Covid-19 e a necesidade de seguir as normas de prevención, en especial o uso da máscara. Este sábado xa levaban postas denuncias a alomenos tres persoas que durante a fin de semana infrinxiron a regulación pola pandemia actual.

Un veciño de Foz, de 35 anos, foi denunciado dúas veces no mesmo día nas inmediacións do Concello por non utilizar a máscara e hai unha proposta de sanción de 3.000 euros por reincidencia. Asimesmo, unha veciña de Euskadi, de 44 anos, foi primeiro advertida polo socorrista da praia de Llas e,ao facer caso omiso, foi identificada pola policía. Ao parecer, trala súa negativa a colocar a máscara, foi proposta para sanción tamén con 3.000 euros, aparte doutras dúas denuncias por alteración da orde pública (que lle podería custar ata 600 euros) e por condución neglixente ao abandonar o lugar (con proposta doutros 300 euros de sanción).

No caso dun veciño de Madrid, de 57 anos, a proposta de sanción por non utilizar a mascarilla á entrada da praia de Llas é de cen euros. Os axentes locais resaltan que "a duración e gravidade da pandemia dependerá de todos e cada un de nos mesmos" e pide a colaboración cidadá.

Más en A Mariña
Comentarios