Imprimir

Non nos escandalizan os mortos

Tito Diéguez |

El Progreso de Lugo | 03 de enero de 2019

Foron 769 os mortos contabilizados no Estreito, 4.503 en todo o Mediterráneo, o dobre que os falecidos en accidentes de tráfico en España no mesmo período dun ano. Xa sei que a algúns partidos e milleiros de votantes daralles igual porque os falecidos son estranxeiros, pero trátase de cifras que nos deberían escandalizar. Migrantes que buscan futuro, xentes que foxen da violencia dos seus lugares de orixe deixan as súas vidas no mar mentres occidente só sabe poñerlle portas ou muros máis altos como solución. Necesítanse persoas, así o recoñecen políticos e expertos; sen elas, sen as procedentes de fóra, non se solventará o problema demográfico que nos destrúe. Laiámonos polos mozos preparados que nos abandonaron e clamamos que volvan; pero incluso iso sería insuficiente para mitigar o déficit de natalidade. Mentres, o Mediterráneo segue tragándose miles de vidas en plenitude ante a indolencia de boa parte da cidadanía e a apatía política.

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/non-nos-escandalizan-mortos/201901031247291352241.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)