Xurxo Lobato percorre o ciclo anual das festas de Galicia no seu novo libro

"Somos un pobo que ama a festa, somos festuxeiros", sinala o fotógrafo coruñés
photo_camera Domingo das Mozas no San Froilán. XURXO LOBATO

O ano festeiro de Galicia empeza cando se prenden os fachós de Castro Caldelas e conclúe cando as brasas dos magostos se apagan en cinzas. O fotógrafo Xurxo Lobato (A Coruña, 1956) foi seguindo ese circuíto coa súa cámara para realizar o libro "Galicia é unha festa".

Generated by  IJG JPEG LibraryLobato comezou en 1977 un proxecto de longo alento que consiste en retratar Galicia atendendo á complexidade, a riqueza e singularidade do país. Durante este arco de 43 anos foi documentando sectores, ámbitos e aspectos que continúa agora coas celebracións.

"Somos un pobo que ama a festa, somos festuxeiros", analiza o creador, quen responde á suspensión de xuntanzas por mor do coronavirus cunha obra que se pode mercar online en librarías. "Nestes momentos de bichería, como non podemos ir á festa, a festa temos que levala á casa".

O creador quitou centos de fotografías, entre as que escolleu 175 que aparecen en 152 páxinas con todos as celebracións de interese nacional e internacional, e cun bo número de interese galego. As imaxes van acompañadas de textos en galego, español e inglés de Omaira Lista, que ofrece un marco que permite comprender o motivo e o desenvolvemento de cada festa nunha orde que avanza en cadencia de inverno, primavera, verán e outono. O etnógrafo Felipe Senén escribiu a introdución.

O primeiro traballo de Xurxo Lobato cando vai contar en imaxes un festexo é analizalo. Estudar a súa orixe, e os xeitos e lugares nos que se celebra. Despois de documentarse, busca «a esencia». Como exemplo, compara dúas festas do outono en Lugo. "A esencia do San Froilán é o polbo, que é un imán. O San Froilán é unha festa para comer, tocar a gaita e bailar. No Domingo das Mozas vístense traxes tradicionais e a súa esencia é mirar, é un espectáculo". Este caso paréceselle ao Arde Lucus, "onde mesmo me vestín de romano".

O método de Lobato segue a mecánica de "documentación, traballo de campo e edición gráfica". Na última fase discrimina as fotos na escolla. No Domingo das Mozas, a modo de exemplo, guíase por citas a clásicos da pintura, como Maside ou Sotomayor.

Generated by  IJG JPEG LibraryPara o artista coruñés a festa maior de Galicia celébrase no corazón do país e trátase do Entroido. "Na portada do libro aparece o Entroido Riberao", destaca, antes de explicar que esta celebración ten un capítulo consagrado na obra no que se recollen estas festas "no triángulo ourensán e na Ribeira Sacra".

Comentarios