Imprimir

Nace o I Premio de Investigación Hume As Pontes

Cristina Arias | 29 de febrero de 2016

Os traballos poderán entregarse a partir de hoxe e ata o 15 de setembro. Repartiranse 2.000 euros en dous galardóns

A asociación de estudos históricos das Pontes organiza o I Premio de Investigación Hume As Pontes, que repartirá 2.000 euros en galardóns entre os traballos presentados. 

Os proxectos de investigación, que deberán estar escritos en galego, poderán versar sobre aspectos históricos, artísticos, arquitectónicos, etnográficos e do patrimonio cultural do concello e poderán optar cantas persoas o desexen, de forma individual ou colectiva. 

Os requisitos son que os traballos sexan orixinais e inéditos e cunha extensión de entre 60.000 e 100.000 caracteres. 

Os traballos, que poden ser entregados dende hoxe e ata o 15 de setembro, serán remitidos nun sobre pechado baixo pseudónimo ao enderezo Secretaría da Asociación Hume, Apartado Postal 106, CP 15320, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña. Nel incluirase outro sobre pechado cos datos do participante e unha copia en CD, en formato PDF e Word. 

Concederanse dous premios, un primeiro de 1.500 euros e un segundo de 500. Os traballos presentados, sexan premiados ou non, poderán ser publicados na revista Hume e pasarán a formar parte do fondo documental da asociación. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/nace-o-i-premio-de-investigacion-hume-pontes/20160229140525370088.html


© 2019 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)