Morre un traballador ao caerlle unha árbore encima en Verín

O accidente mortal produciuse preto do polígono industrial de Pazos

Un traballador autónomo morreu na tarde deste luns cando realizaba unha talla nunha zona de monte na localidade ourensá de Verín.  Segundo informa o 112, o accidente mortal produciuse ás 15.15 horas preto do polígono industrial de Pazos.

Acudiron os bombeiros para liberar ao traballador, que quedou atrapado ao caerlle unha árbore encima.  Unha vez liberado, os profesionais do 061 só puideron certificar o seu falecemento.

Os servizos de emerxencias contaron co apoio das forzas de seguridade locais e da Garda Civil.