Imprimir

Morre un operario que arranxaba un ascensor en Lalín tras inhalar anestesia animal

Redacción | 05 de agosto de 2020

Instalacións de Botos, en Lalín, nas que se rexistrou o accidente. P.FIGUEIRAS
Instalacións de Botos, en Lalín, nas que se rexistrou o accidente. P.FIGUEIRAS
Mobilizouse un helicóptero medicalizado, pero os sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida

Un operario de 30 anos perdeu a vida na tarde deste mércores en Lalín tras inhalar unha substancia destinada a anestesiar animais, segundo informa a central do 112.

O home atopábase arranxando un ascensor nunha nave dunha explotación cárnica no polígono de Botos, en Lalín. Por razóns que se descoñecen, o elevador descendeu ata unha estancia onde se acumulaba o gas. 

Mobilizouse un helicóptero medicalizado, pero os sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. Ata o lugar dos feitos tamén se desprazaron os membros do GES de Lalín e os axentes da Policía Local e a Garda Civil.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/morre-operario-arranxaba-ascensor-lalin-inhalar-anestesia-animal/202008051858151453569.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)