Mondoñedo é o primeiro Concello galego en acadar a habilitación completa en materia de Patrimonio

O conselleiro, Román Rodríguez, e a alcaldesa, Elena Candia, rubicaron o acordo que permite axilizar os trámites e os prazos das actuacións en todo o ámbito municipal, ao tempo que se garante a seguridade xurídica nos procesos

aaa
photo_camera Román Rodríguez e Elena Candia, xunto ao delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na firma. AMA

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, asinaron no consistorio o convenio que habilita o Concello para autorizar as intervencións patrimoniais en todo o seu ámbito municipal. Deste xeito, Mondoñedo é o primeiro Concello de Galicia que acada esta habilitación patrimonial dun xeito completo, logo de que a nova lei de patirmonio cutural incorporase esta técnica descentralizadora.

O acordo, segundo subliñou o conselleiro, permite axilizar os trámites e os prazos das actuacións garantindo totalmente a seguridade xurídica dos procesos. 

Comentarios