Imprimir

Mitins en vez de medidas na España baleira

Tito Diéguez |

El Progreso de Lugo | 04 de noviembre de 2019

Pode parecer populista e simple o que vou dicir, pero as provincias da agora coñecida como España baleirada só lle interesan aos partidos en campaña electoral. PSOE e PP lánzanse a polo voto das provincias despoboadas, titulaba atinadamente un xornal hai uns días, ao referirse a mitins de Pedro Sánchez e Pablo Casado en lugares onde se xogan tan poucos escanos como Guadalaxara, Segovia, Ávila, Zamora ou Cidade Real, como se desta vez lle deran importancia, porque a teñen, sabedores de que unha presada de votos lles dará un escano máis ou menos en cada circunscrición. As políticas favoreceron o transvase do campo á cidade ata chegar a que o 5 por cento da poboación en España ocupe na actualidade máis do 50 por cento do territorio. Empezan a desenvolverse agora medidas contra o despoboamento, polo menos en Galicia, para reverter a situación, e iso é o esencial para o futuro, en vez de ir pedir o voto coas mans baleiras.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/mitins-vez-medidas-espana-baleira/201911041447331405362.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)