Imprimir

Millóns de veneradores dun ditador

Tito Diéguez |

El Progreso de Lugo | 25 de septiembre de 2019

O PROCESO para cambiar de tumba os restos de Franco amosa a cantidade de defensores que quedan en España do réxime que esmoreceu hai máis de catro décadas. O partido ultradereitista que se achegou a tres millóns de votantes nas pasadas eleccións xerais, lonxe de condenar un sistema despótico que non admitía disidencias e no que a liberdade só existía para os adeptos, considera que trasladar a outro cemiterio as cinzas do ditador supón unha profanación. Pola contra, seica era moi respectuoso asasinar discrepantes e enterralos ás beiras das estradas, e por iso non quere que se escaven estas fosas comúns, non vaia ser que se corrobore a existencia de miles de vítimas inocentes. Igual que se trata como terrorista todo aquel que non rexeita a violencia, quen non renegue do franquismo débese considerar apoloxeta, e hai partidos que non o condenan. Resulta anacrónico que un sistema democrático permita a veneración dun sátrapa, como ata agora.
Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/millons-veneradores-dun-ditador/201909241752251398564.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)