Imprimir

Milladoiro encabeza o cartel da sexta edición de As Cores do Outono

Redacción | 19 de agosto de 2019

Presentacion do festival. CONCELLO DA POBRA DO BROLLÓN
Presentacion do festival. CONCELLO DA POBRA DO BROLLÓN

as-cores-do-outonoMilladoiro será cabeza de cartel na sexta edición de As Cores de Outono, cuxo cartel foi revelado este luns pola mañá nun acto na Pobra do Brollón.

Entre os artistas presentes no festival o 14 de setembro están Magín Blanco e Bouba Pandeireteiras. O acto de presentación realizouse no centro da Pobra, na área recreativa de Samugueiros, que é tamén o lugar de celebración deste festival gratuíto convertido en cita musical de referencia no outono lugués.

O festival celébrase en horario de tarde-noite. Arranca cun espectáculo familiar, 'Concerto singular', unha comedia musical e xestual da compañía Píscore, tras o cal comezan as demais actuacións. O evento será presentado polo actor e monologuista Avelino González.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/ribeira-sacra/milladoiro-encabeza-cartel-da-sexta-edicion-cores-do-outono/201908191954481392778.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)