Mil alumnos de 20 centros correrán el 8 de mayo por las calles en defensa del gallego

Outeiro e Bao (esquerda), con organizadores do Correlingua (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Outeiro e Bao (esquerda), con organizadores do Correlingua (Foto: Xesús Ponte)

Un milleiro de escolares de vinte centros da provincia participarán o vindeiro día 8 de maio en Lugo no Correlingua 2012, a carreira en defensa da lingua que este ano terá como lema ‘Galego. Todo o que buscas’. O tenente de alcalde, Antón Bao; o deputado provincial de cultura, Mario Outeiro, e dous membros da organización presentaron onte a decimoterceira edición da que denominaron como unha «festa da lingua», que percorrerá dende o día 2 toda Galicia e que terá como peche o Día das Letras Galegas.

Bao, que sinalou que «o compromiso das institucións coa lingua ten que ser máis forte agora», criticou ás que están gobernadas polo PP por non dar o seu apoio a esta carreira, en alusión á retirada do patrocinio municipal nalgúns concellos como o de Santiago.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios