Michelle Obama, primera dama negra en la Casa Blanca

Michelle Obama en un acto electoral. (EFE)
photo_camera Michelle Obama en un acto electoral. (EFE)

Tras agradecer aos seus votantes que apostaran polo cambio, Barack Obama asegurou no seu discurso da noite electoral do martes que sen a súa “mellor amiga desde hai 16 anos” el non sería nada e xamais tería alcanzado a presidencia.

Xa se sabe que “detrás dun grande home hai unha gran muller” e Michelle Obama está á altura das circunstancias.

A nova primeira dama dos EE UU é unha muller de clase media baixa que grazas ao seu esforzo estudou nas mellores universidades do país e que, como no caso de Cherie Blair, a súa posición laboral levouna a gañar máis cartos que o seu home.

Unha muller todoterreo
Michelle, nada en Chicago en 1964, é o que denominan os americanos como unha multitaskers, esas mulleres que traballan, coidan da familia e teñen tempo para unha notable vida social. Algo similar ao perfil das hockey mon, que encarna á perfección a polémica Sarah Palin, que de lonxe gasta máis en avelorios que Michelle.

Confesa que adora xogar ao hula hop coas súas fillas e que, ao contrario de Hillary Clinton, non fará política desde a Casa Branca, xa que considera que o seu papel debe ser manter o seu home cos pés na terra.

Sobre o seu estilo tense dito moito, aínda que o consenso xeral pode reflectirse nun artigo de Times no que se falaba dela baixo o título de “vestida para gañar”. Atrevida e cun gran gusto para a cor, o seu armario levou ata a campaña os deseñadores latinos e sorprendeu a audiencia cos seus vestidos sen mangas, algo case inexistente no eido político.

Barack, un nome de moda
Algúns ven nela unha nova Jackie Kennedy, aínda que pode que sexa unha esaxeración porque non ten intención de centrar a súa vida na “decoración”. Ademais, sen dúbida, Jackie xa ten unha sucesora: Carla Bruni.

Outros pensan que malia o seu destacado estilo, caracterizado polo uso constante de perlas de gran tamaño e cintos anchos, emulará a Nancy Reagan como poder na sombra. Ela insiste en que a deixen ser só “Michelle Obama, unha muller normal”.

O éxito do candidato republicano levou a moitos afroamericanos a bautizar estes días os seus pequenos como Barack ou como Obama nos EE UU e mesmo en Quenia.

Comentarios