Imprimir

Méndez cre que Feijóo prepara "o salto a Madrid" tras defender un achegamento entre PSOE e PP

Europa Press | 18 de noviembre de 2019

Lara Méndez durante su visita a las obras del cuartel de San Fernando. XESÚS PONTE
Lara Méndez durante su visita a las obras del cuartel de San Fernando. XESÚS PONTE
"Se pretendía buscar a gobernabilidade de España tivo ocasión fai nada de poder mostrar esa boa disposición e absterse para formar goberno", apuntou a alcaldesa de Lugo

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, considera que o presidente da Xunta, o popular Alberto Núñez Feijóo, prepara "o salto a Madrid", despois de avogar por un achegamento entre o PP e o PSOE para evitar que entre no Goberno central Podemos. 

"¿Por que esa suxestión non a fixo hai meses? Porque, ¿ao final que interesa: o ben común, a gobernabilidade de España ou os seus intereses persoais?", preguntou Méndez en declaracións aos medios con motivo dunha visita ás instalacións do cuartel de San Fernando. 

"Se o señor Feijóo pretendía buscar a gobernabilidade de España tivo ocasión fai nada de poder mostrar esa boa disposición e absterse para formar goberno, porque só coa abstención do PP chegaría para que puidésemos ter goberno hai dous meses", censurou. 

Ademais, a rexedora incidiu en que isto obedece a "un interese persoal, porque entre outras cousas teríase que pór de acordo todo o Partido Popular porque as voces (sobre a proposta de Feijóo) non son unánimes dentro do PP e, por tanto, terán que porse de acordo sobre o que queren facer". 

Méndez suxeriu que "parece que Feijóo está a preparar, realmente, o seu salto a Madrid e non parece que haxa unha vontade clara de formar un goberno estable e buscar a gobernabilidade do noso país". 

"É certo que estamos afeitos a que o PP utilice as institucións para un uso partidista e para o interese, neste caso, duns cuantos que son Feijóo e os seus acólitos. Por iso, eu son reticente ante esta iniciativa porque en todo caso non está de acordo todo o PP e se realmente buscaban a gobernabilidade de España xa habería un presidente estable no goberno de España desde setembro", concluíu. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/lugo/mendez-cre-feijoo-prepara-salto-madrid-defender-achegamento-psoe-pp/201911181429181408017.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)