Imprimir

A maxia de Carlos Núñez, en Meira

Ruth López | 13 de agosto de 2019

A actividade encadrouse nos actos programados para celebrar o décimo aniversario da confraría Nosa Señora do Pedregal

A igrexa parroquial de Santa María de Meira foi un escenario privilexiado dun concerto que deu onte Carlos Núñez. A actividade encadrouse nos actos programados para celebrar o décimo aniversario da confraría Nosa Señora do Pedregal.

A actuación no Mosteiro forma parte da xira Lugares Máxicos, que ten como obxectivo xuntar espazos simbólicos de toda Galicia coa fusión musical que o vigués realiza ao sumar múltiples culturas co son da gaita como punto forte dos seus directos.

Esta é a terceira edición desta serie de concertos ofrecidos en contornas singulares onde Núñez desenvolvento repertorios que vai adaptando a cada espazo no que se presenta xunto cos diferentes intérpretes da música celta que lle acompañan para cada evento.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/a-chaira/maxia-carlos-nunez-meira/201908132328201391984.html


© 2019 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)