Imprimir

A provincia de Lugo rexistra ventos de máis de 109 quilómetros por hora

Europa Press | 19 de agosto de 2020

Unha muller loita contra o vento, este mércores en Lugo. XESÚS PONTE
Unha muller loita contra o vento, este mércores en Lugo. XESÚS PONTE
Os refachos máximos anotáronse en Penedo do Galo (Viveiro) e no Xistral, en Muras

A borrasca situada ao sur de Irlanda está a provocar fortes ventos, con refachos que superaron os 110 quilómetros por hora, e choivas intensas, con acumulados de ata 64 litros por metro cadrado, en Galicia este mércores. 

De acordo cos datos de Meteogalicia actualizados a até as 19.30 horas, o rexistro de velocidade máxima do vento foi ás 15.00 horas en Penedo do Galo, en Viveiro, cun valor de 110,3 quilómetros por hora. Os ventos chegaron ás 10,10 horas a 109,5 quilómetros por hora en O Xistral, en Muras, que se atopa por encima dos 900 metros de altitude. 

Ademais, en punta Candieira, en Cedeira, os refachos máximos chegaron aos 105,4 quilómetros por hora ás 3,10 deste mércores, mentres que as 15,50 rexistráronse 102,7 quilómetros por hora na Pontenova e 100,3 na Gándara, en Vimianzo. 

En canto ás choivas, en Muralla, no municipio coruñés de Lousame, acumuláronse até as 19.30 horas un total de 63,8 litros por metro cadrado; mentres que en Fontecada, en Santa Comba, alcanzáronse 53 litros por metro cadrado. 

En Rois, tamén o a provincia da Coruña, o acumulado chegara a 41,1 litros por metro cadrado. En Paramos, en Val do Dubra, rexistráronse 40,4 e en Coto Muiño, en Zas, 34,1 litros por metro cadrado. 

A zona occidental da comunidade está este mércores en aviso amarelo por fortes ventos do sur e precipitacións, que se prevén especialmente abundantes entre as 18.00 e as 21.00 horas. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/comarcas/marina-rexistra-ventos-mais-110-quilometros-hora/202008191957381455840.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)