Desde a Casa

"Xogo ás cartas de 'La fallera calavera', aínda que perdo"

María do Cebreiro Rábade é profesora e escritora
María do Cebreiro. EP
photo_camera María do Cebreiro. EP

Unha película

Fedora, de Billy Wilder. Aínda que pasa por ser unha obra menor pareceume moi suxestivo o seu exame crítico da identidade persoal e a súa exploración do vínculo entre as nais e as fillas.

Unha serie

Fleabag, de Phoebe Waller-Bridge, polo seu engaiolante enxeño. Narrada en ton de comedia, a serie somete a unha análise, a maior parte das veces implacable, a vida dunha muller de trinta e pico anos.

Un libro

Sopa de Wuhan. É un conxunto de ensaios de autores como Paul B. Preciado, Jean Luc Nancy, Alain Badiou, Markus Gabriel ou Byung-Chul Han, que estou lendo para pensar de que vai todo isto tan raro.

Un disco

O clásico de baladas de Johnny Hartman e John Coltrane, editado no1962.

Outra alternativa

Divírtome xogando co meu mozo a un xogo de cartas valenciano que se chama La fallera calavera, a pesar de que case sempre perdo eu.


 

Comentarios