A canción dos maiores da residencia do Concello de Pol contra o coronavirus

A ritmo da Rianxeira, chaman a loitar contra o virus
Un momento do vídeo cos maiores da residencia de Pol cantando. FACEBOOK
photo_camera Un momento do vídeo cos maiores da residencia de Pol cantando. FACEBOOK

"Contra este virus, contra este virus, imos todos a loitar, non veñas a nosa casa, que nos están a coidar". A ritmo da Rianxeira, os maiores da residencia do Concello de Pol cantan a prol da loita contra o coronavirus.

No vídeo, publicado  este mércores na conta de Facebook do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, aparecen varios residentes sentados e cantando, acompañados por algunhas traballadoras deste centro. "¡Que non decaiga o ánimo!", engaden nunha publicación que remata cos hashtag #QuedaNaCasa e #CandoIstoPaseEstaremosMaisUnidos.

 

Comentarios