Imprimir

Lugo en 3-D, protagonista dun novo programa da TVG

Redacción | 12 de octubre de 2019

Imaxe en 3-D da muralla de Lugo. TVG
Imaxe en 3-D da muralla de Lugo. TVG
O novo espazo, que ten como protagonista o patrimonio galego, amosará a cidade desde un enfoque inédito, con imaxes en 3-D

A TVG estreará este luns un novo programa sobre o patrimonio de Galicia no que Lugo será o protagonista do primeiro capítulo. Segredos-Desmontando Galicia está presentado por Diana Nogueira, Alicia Burton e Quique Morales.

Na súa primeira entrega, o luns ás 22.30 horas, amosará Lugo desde un enfoque inédito, con imaxes en 3D.

Cada capítulo, semanal, deste programa explicará os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego, Mesturará a tecnoloxía e información especializada de expertos en cada tema.
 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/sociedad/lugo-protagonista-dun-novo-programa-tvg-estrea-luns/201910121101481401575.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)