Lugo inicia o ano con varios días de nevaradas

Moreira, en Cervantes, cuberta de neve este sábado. JOEL DE ROBLEDO
photo_camera Moreira, en Cervantes, cuberta de neve este sábado. JOEL DE ROBLEDO

O Aninovo chegou branco á provincia de Lugo e cubriu as vías da Montaña e da zona sur. E as previsións apuntan a que veñen máis días de nevaradas. A neve persistirá na fin de semana nas serras orientais da provincia con cotas que descenderán aos 600 metros e acumulacións de cinco centímetros en 24 horas, segundo o prognóstico de Meteogalicia. 

► Máis información: O primeiro fin de semana do ano arrinca cun descenso das temperaturas

As temperaturas manteranse na zona sur e A Montaña entre os menos tres e os cero graos centígrados, e no resto da provincia oscilarán entre os cero e os sete graos. 

O Fiouco, nevado, na mañá deste sábado. J.V

Prevense, polo tanto, grandes xeadas, sobre todo a partir do domingo, co descenso de precipitacións en forma de neve, e tamén dificultarán o tráfico na provincia.

Comentarios