Lucía Pérez ofrecerá un concerto de Nadal na igrexa de Hospital do Incio

A artista actuará o vindeiro sábado no templo románico dentro da programación festiva do Concello
Lucía Pérez actuará en la iglesia de Hospital de O Incio
photo_camera Lucía Pérez actuará na igrexa románica de San Pedro Fiz de Hospital. EP

A cantante do Incio Lucía Pérez ofrecerá o vindeiro sábado, ás sete da tarde, un concerto de Nadal nun escenario especial como é a igrexa románica de San Pedro Fiz de Hospital, no seu concello natal.

A actuación forma parte da programación para estas datas do Concello do Incio, que invita a asistir a unha cita musical con entrada gratuíta ata completar capacidade.

"Será a primeira vez que nas paredes de mármore desta xoia do románico resoe a música en directo da artista do Incio, e que coa súa voz e a súa música faga emocionar aos asistentes nun lugar, sen dúbida, inspirador", asegura.

Comentarios