Tres lucenses acoden á gala dos Goya de fotografía celebrada en Zaragoza

As irmás Purriños de Vilalba e Saúl Jiménez, de Viveiro, estaban nominados aínda que finalmente non conseguiron o premio

Representación de Galicia nos premios Goya de Fotografía. EP
photo_camera Representación de Galicia nos premios Goya de Fotografía. EP

Tres lucenses acudiron este sábado á XVIII edición dos Premios Goya de Fotografía e Vídeo Profesional. O número de galegos nominados ascendeu a nove e tres dos candidatos eran lucenses.

As irmás Purriños, de Vilalba, Yolanda e Inma, estaban nominadas na categoría Retrato (ambas) e de Libre Creación (Inma). Ademais, o viveirense Saúl Jiménez tamén competía na categoría de Boda. Aínda que non levaron o premio, os seus traballos foron moi valorados.

GAÑADORA GALEGA. Dos nove nominados de Galicia, tan só a fotógrafa de Santa Comba Isabel Antelo volve á terra co galardón. Terceira xeración dunha saga familiar dedicada á fotografía, competía na categoría de gráfico-documental cunha imaxe captada hai dous anos na parroquia de San Adrián de Castro, en Zas.

Comentarios