Luca Chao reclama ao Goberno en funcións que convoque a mesa de seguimiento de Alcoa

A deputada de Común da Esquerda urxe ao Executivo que se "comprometa a regular o prezo da enerxía para conseguir a estabilidade que a industria do aluminio necesita"

Luca Chao reuniuse co comité de Alcoa en San Cibrao. EP
photo_camera Luca Chao reuniuse co comité de Alcoa en San Cibrao. EP

Grupo Común da Esquerda reclamou ao Goberno en funcións que convoque "de inmediato" a mesa de siguimiento de Alcoa San Cibrao ante a incerteza en torno ao futuro da factoría situada na comarca da Mariña luguesa.

Este xoves, a deputada de Común da Esquerda Luca Chao mantivo un encontro co comité de empresa de Alcoa San Cibrao, aos que expresou o seu apoio de cara á movilización convocada para a mañá deste sábado ás 12,00 horas diante da Subdelegación do Goberno en Lugo.

"Urxe facer un chamamento claro ao Goberno en funcións para que se comprometa a regular o prezo da enerxía para conseguir a estabilidade que a industria do aluminio necesita", manifestou Chao ao término do encontro.

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, demandou que o prezo da enerxía se equipare á de países veciños como Francia ou Alemaña.

"Non pedimos sequera a equiparación con países como Noruega ou Alemania, senón algo moito máis accesible como a equiparación cos países veciños, porque senón esta empresa non vai aguantar moito máis e marchará a algún deses países, o que supoñerá un enorme fracaso", incidiu Zan.

Comentarios