18 canciones 'Ao vivo' de Luar na lubre

O 24 de marzo sairá á venda o novo traballo de Luar na Lubre, 'Ao vivo'. Ademais, ese mesmo mes, o grupo coruñés de música celta iniciará unha nova xira. 'Ao vivo' é o primeiro disco en directo da banda e recolle as 18 cancións que se interpretaron o 22 e o 23 de xaneiro nun abarrotado Teatro Colón.

Así, nesta gravación atoparemos moitos dos clásicos do grupo como 'Tu gitana', 'O son do ar' ou 'Chove en Santiago'. Asimemo, incorpora un tema inédito 'Axeitame polainiña'. Outro dos puntos fortes deste traballo son as colaboracións, como 'Camariñas' con Luz Casal, 'Romeiro ao lonxe' con Diana Navarro e 'Memoria da noite' de Pedro Guerra.

Por outra banda, 'Ao vivo' recolle un DVD co concerto completo e un bonus track con Ismael Serrano, quen canta xunto a Luar na Lubre 'El derecho a vivir en paz', unha peza gravada en solidariedade co pobo de Gaza.

Alén saca o seu primeiro álbum de longa duración
A banda galega Alén presenta o seu primeiro álbum de longa duración, 'Volver a nacer'. O gupo inicio a súa andaina con 'Simplemente', unha demo de catro temas que, de xeito totalmente independente, distribuiu en pouco tempo 1.000 copias. Este novo disco foi dirixido polo recoñecido productor Javier Abreu ao longo de 2008 e inclúe colaboracións de destacados músicos da escena do rock estatal. Así, colaboran Alberto Cereijo de Los Suaves, Carlos Escobedo de Sôber ou Natxo Zabala e Juankar Aizpun de Koma.

'Volver a nacer' inclúe trece temas, entre eles dúas versións en galego, un making off da gravación e un libreto de 24 páxinas, obra do artista e deseñador José María Picón. Alén ultima agora a preparación do directo co que subirá aos escenarios dende a vindeira primavera, concretamente a partir do mes de abril. Esta nova xira centrarase de novo en Galicia, pero tamén se intensificarán as actuacións no resto das zonas do Estado.

Alén nace a finais do 2004 entre Chantada, na provincia de Lugo, e Rodeiro, en Pontevedra, como consecuencia da unión fortuíta de varios ex membros de outras formacións da zona.

Comentarios