Imprimir

Localizado o cadáver dun home a dúas millas de Cabo Prioriño

Europa Press | 22 de septiembre de 2020

La Salvamar Betelgeuse. TWITTER
La Salvamar Betelgeuse. TWITTER
Salvamento Marítimo confirma que o corpo non é o do pescador de 59 anos desparecido este luns

A embarcación Salvamar Betelgeuse, de Salvamento Marítimo, rescatou sobre as 14.00 horas deste martes, 22 de setembro, o cadáver dun home que flotaba a unhas dúas millas ao oeste do Cabo Prioriño, na entrada da Ría de Ferrol, nas inmediacións do porto exterior de Caneliñas.

O avistamento do corpo sen vida produciuse minutos antes, sobre as 13.20 horas, por integrantes da tripulación do pesqueiro Primeiro Victoria, que comunicaron que localizaran nesta zona un cadáver que vestía roupa negra e zapatillas brancas.

De inmediato activouse por parte de Salvamento Marítimo un dispositivo para recuperar este corpo sen vida, trasladando á zona á Salvamar Betelgeuse que participaba nas tarefas de procura dun pescador desaparecido na zona de costa de Covas, tamén en Ferrol, na que embarcaron tamén axentes da Garda Civil, da Policía Científica, sinalaron fonte do dispositivo.

PESCADOR DESAPARECIDO 

Após recuperar o corpo a embarcación tomou rumbo facía o peirao de Oza, na Coruña, onde o cadáver achado no mar foi desembarcado. 

Fontes de Salvamento Marítimo confirmaron a Europa Press que estes restos mortais recuperados non se corresponden co pescador de 59 anos, veciño de Narón (A Coruña), que se busca nas proximidades das praias de Santa Comba e Ponzos desde este luns, nun dispositivo que continua activo.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/sucesos/localizado-cadaver-dun-home-duas-millas-cabo-priorino-nas-proximidades-da-entrada-ria-ferrol/202009221902281460982.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)