Imprimir

Liberan ao condutor dun turismo que rematou fóra da vía en Porto do Son

Redacción | 11 de febrero de 2020

O accidente produciuse no lugar de Cans, na parroquia de Nebra, ao fío das 1.45 horas

Un home resultou ferido a pasada noite en Porto do Son ao saírse da vía o coche no que circulaba.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia liberaron ao condutor do interior do vehículo, sen chegar a empregar o material de excarceración, para que fose atendido polos servizos sanitarios.

O accidente produciuse no lugar de Cans, na parroquia de Nebra, ao fío das 1.45 horas.

Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba do ocorrido ao 112 Galicia. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Ribeira e de Boiro, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son e ao servizo de mantemento da estrada.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/sucesos/liberan-ao-condutor-dun-turismo-rematou-fora-da-via-porto-do-son/202002110926071422574.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)