Imprimir

León e Castela, xuntos e separados

Tito Diéguez |

El Progreso de Lugo | 07 de enero de 2020

COREÁBANO nas concentracións como rexeitamento á comunidade nova que unía nove provincias, pero ao final tiveron que aceptalo. "Aunque lo quiera Martín Villa, León no es Castilla", berraban os partidarios do vínculo autonómico para Salamanca, Zamora e León alleo ao castelán, pero varias décadas despois aí seguen nas Cortes con sede en Valladolid igual que o deseñara o todopoderoso político franquista reconvertido na Transición. Iníciase agora unha nova xeira institucional, organizada polo rexionalista Unión del Pueblo Leonés e secundada por PSOE e Podemos, coa que pretenden escindirse para formar a que sería a décima oitava comunidade española. Os partidos inmobilistas, curiosamente autoproclamados reformistas, ven detrás da iniciativa un risco para España, por máis que aquí só se busque unha segregación autonomista e non unha escisión estatal, e por riba se defenda dentro do marco constitucional, sen tocar a Carta Magna.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/leon-castela-xuntos-separados/202001071315221415890.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)