Manuel Piñeiro: ''Haberá unha gran variedade de pezas de coleccionista únicas, a maioría moedas''

Manuel Piñeiro, en el centro de la imagen
photo_camera Manuel Piñeiro, en el centro de la imagen

Manuel Piñeiro organiza unha feira de antigÜidades en viveiro. Este pontenovés é o responsable de que esta iniciativa chegue á cidade a finais de mes con todo tipo de artigos. Participarán uns vinte expositores de Galicia, España, Francia e Portugal.

o último fin de semana de xullo celebrarase a primeira feira de antigüidades de Viveiro. Todos aqueles que desexen pasar un bo anaco entre todo tipo de obxectos antigos poderán facelo grazas ao esforzo e á organización de xente como Manuel Piñeiro. Procedente da Pontenova, é un dos encargados de facer posible que o evento chegue á cidade.

Durante cantos días estará a feira en activo?

Toda a fin de semana, dende o venres 26 ata o domingo 28.

Cal será o horario de apertura?

O venres a feira abrirá as súas portas a partir das cinco da tarde ata as nove da noite. O sábado e o domingo comezará xa pola mañá dende as dez ata as dúas do mediodía, momento no cal faremos un pequeno descanso para xantar. Xa pola tarde, o horario será o mesmo que o do venres.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios