A mina de ouro que Edgewater proxecta en Corcoesto, no municipio coruñés de Cabana de Bergantiños, segue xerando controversia mentres a súa tramitación continúa paralizada pola Xunta á espera de que a compañía canadense presente nova documentación que avalíe a súa solvencia.
O nomeamento a primeiros de setembro de Francisco Aréchaga como director xeral de Mineira de Corcoesto, filial empresa norteamericana, xa carrexou a súa dimisión da presidencia da Cámara Oficial Mineira pola incompatibilidade que supuña. Na súa estratexia para convecer do proxecto aurífero, Aréchaga asegurou a semana pasada que o prezo a pagar pola mina a ceo aberto sería só “un efecto visual temporal”, unhas verbas que caeron mal entre os colectivos contrarios á explotación.
Para desmontar esta tese, a plataforma pola defensa de Corcoesto y Bergantiños cifrou en 17 millóns de toneladas os residuos que contaminarían as augas do río Anllóns e a ría de Corme e Laxe “por centos de anos” como consecuencia do proxecto.
Aréchaga explicou que a afección na natureza seria “momentánea” e tería remedio coa rehabilitación. No entanto, a plataforma recordou que os traballos na zona implicarán “tamén a exposición dunhas 100.000 personas ao arsénico liberado no proceso de trituración do material para a extracción do ouro”, tal e como sinalan estudos científicos da Universidade de Santiago de Compostela.
Este extremo, segundo o colectivo popular, “incluso foi recoñecido por parte das autoridades sanitarias da Xunta” nunha reciente reunión mantida cos veciños de Corcoesto e Coristanco.
Ademais, a plataforma apunta tamén os “efectos negativos” noutras actividades propias da comarca de Bergantiños, como son as agrícolas, as gandeiras e as forestais. E lembran que a granxa de vacún “máis grande de Galicia” se atopa a escasos metros da explotación aurífera.
Mentres, o director apela á “transparencia” para lograr a “licencia social” para o proxecto. E pon como exemplo o caso da mina de Endesa nas Pontes, cuxa escombreira é hoxe, segundo afirma, “o lugar de Galicia con maior diversidade de fauna”.
? AS FRASES...
...de Francisco Aréchaga, director xeral corporativo de Mineira de Corcoesto
“O PREZO A PAGAR POLA MINA DE OURO É UN EFECTO VISUAL TEMPORAL”
“CANDO SE EXPLICA BEN O PROXECTO, A XENTE QUÉREO. A NOSA ESTRATEXIA É A TRANSPARENCIA''
? CON EXEMPLOS
A mina de Touro
Nesta guerra cruzada, tamén a plataforma Salvemos Cabana contraatacou con outro exemplo. Afirman que a “falta de control” da Xunta na mina de Touro, A Coruña, na que se extraeu cobre entre 1974 e 1988, derivou hoxe nun “verdadeiro problema ambiental e de saúde para as persoas”.
? EN CIFRAS
As estimacións de recursos de Mineira de Corocoesto apuntan a que a cantidade de ouro que se podería extraer da explotación a ceo aberto ascendería a máis de 30 toneladas, equivalentes a unhas 1.000 onzas. Por cada tonelada de rocha obteríanse uns 1.5 gramos de ouro.
20 anos de vida
A primeira fase –a ceo aberto– duraría 11 anos e valórase a posibilidade de seguir cunha segunda –ata chegar a 20 anos– mediante galerías subterráneas.
771 postos
É o número de empregos que a compañía prevé que se creen de forma directa. A construción da mina empregaría a unhas 500 persoas e posteriormente traballarían nela 271 operarios.