Imprimir

Grazas, Suso

José Antonio Pita Paz | 08 de enero de 2020

Jesús Ramudo Amido. EP
Jesús Ramudo Amido. EP
José Antonio Pita Paz despide a Jesús Ramudo Amido

Foron moitos os momentos compartidos: bos e malos, alegrías e desilusións, sol e auga, sábados e domingos, Rexional, Preferente ou Terceira División. Ti sempre estabas coa familia racinguista aínda a costa da túa.

Por todo isto e pola amizade compartida durante tantos anos, non quería deixar pasar este triste día sen facerche este pequena homenaxe en nome de todos os que formamos parte do Rácing Club Vilalbés, dende os nenos máis pequenos, aos directivos, ata o socio número 1.

E darche as grazas de corazón pola túa colaboración desinteresada ao longo destes 20 anos. Así como expresar as máis sentidas condolencias a túa familia e amigos, xa que sen eles esa colaboración non sería tan fonda.

Sabemos certamente que eras un socio exemplar e implicado nas tarefas do día a día do club, os que tivemos a sorte de coñecerte e tratarte dámosche as grazas Suso.
DEP

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/a-chaira/grazas-suso/202001081055571416031.html


© 2021 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)