A Garda Civil de Ribadeo detivo a un ovetense ao que buscaba a xustiza asturiana

Foi posto a disposición do xulgado de garda de Mondoñedo

Os axentes da Garda Civil do destacamento ribadense detiveron e levaron ao cuartel da localidade a un veciño de Oviedo de 61 anos de idade ao que buscaba, por razóns que non trascenderon, a xustiza asturiana. Máis concretamente, sobre o detido constaba unha requisitoria en vigor ditada ou emitida polo xulgado de primeira instancia e instrución número 1 da capital asturiana.

Na orde, o xulgado ovetense solicitaba das autoridades e axentes a busca, detención e persoación da persoa á que buscaban. Foi arrestado en Ribadeo e posto a disposición do xulgado de garda de Mondoñedo.

Comentarios