La gala de los Mestre Mateo no será en Lugo por las condiciones del Auditorio

A gala de entrega do premios Mestre Mateo, que recoñecen o mellor do audiovisual galego, cancelouse en Lugo «porque por desgraza, non ten un sitio que reúna as condicións necesarias», lamentou o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Antonio Mourelos.

A presenza de tres lucenses na directiva da entidade -Mourelos, Jorge Coira (vicepresidente) e Luis Tosar- convertira a celebración na cidade «nun empeño persoal que se mantivo ata o último minuto», asegurou o tamén actor.

A busca dun espazo que acollese os máis de seiscentos convidados e a retransmisión por parte da Televisión de Galicia comezou hai dous meses. A primeira proposta foi o auditorio Gustavo Freire, que acabou sendo rexeitado; por cuestións estéticas, nese tempo. O estudo de sede trasladouse ao Pazo de Feiras, logrando o aprobado nos estándares de elegancia, pero paralizándose diante do atranco orzamentario de que habería que habilitar butacas. O presuposto deste ano é de 50.000 euros, a metade que anos anteriores.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios