O Fuciño do Porco, no Vicedo, recibiu este sábado ao visitante 100.000. O alcalde, Jesús Novo, acudiu a entregarlle unha cerámica co escudo do concello.
O premiado foi Isidro, un veciño de Mondoñedo que acudiu cun grupo de amigos de diferentes puntos da provincia.