O Concello de Melide lembra que frear o Covid-19 é tarefa de todos: "Contamos contigo!"

La casa consistorial de Melide.
photo_camera La casa consistorial de Melide.

O Concello de Melide, con motivo do estado de alarma decretado polo Goberno do Estado o pasado 14 de marzo, e seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias tanto, estatais como autonómicas, ten en marcha unha Comisión Municipal de Seguimento da evolución do Covid-19 que adoptou as seguintes medidas: 

  1. Suspensión de todas as actividades culturais, educativas, sociais e deportivas  organizadas polo Concello de Melide.
     
  2. Peche de todos os edificios públicos e instalacións municipais: escola infantil municipal, edificio multiusos, aulas de conservatorio, biblioteca, locais sociais, centro social, parques infantís e pazo de congresos.
     
  3. O Concello de Melide permanece pechado ao público pero cos servizos mínimos funcionando en horario de 9h. a 14h. Todos os veciños e veciñas que queiran resolver dúbidas teñen a súa disposición persoal da administración local no teléfono 981 50 50 03 ou na sede electrónica municipal as 24 horas do día.
     
  4. Todas as persoas maiores, persoas que vivan soas, persoas dependentes e familias con dificultades, teñen no Concello de Melide o seu apoio. A institución local ten a disposición deste colectivo os teléfonos 981 50 57 06 ou o 680 709 783 para solicitar axuda nestes días de confinamento: para ir facer a compra, buscar medicamentos á farmacia, acompañamento ao centro de sáude, etc.
     
  5. O Concello de Melide enviou diferentes instruccións ante o COVID-19 ás empresas que prestan servizos municipais: SAF, Servizo de Limpeza das instalación municipais, recollida  de lixo e limpeza viaria e empresas que empregan o velorio municipal.
     
  6. O Concello de Melide reforzou un novo cadro co horario do persoal da Policía Local, para que en cada quenda estean dous efectivos da Policía Local, coordinados constantemente coa Garda Civil. Ao mesmo tempo, Protección Civil de Melide está a disposición as 24 horas para dar coberturas a todas as incidencias que poidan ocorrer mentres dure o estado de alarma sanitaria.
     
  7.  A Concellaría de Promoción Económica e Facenda do Concello de Melide, coordina as compras necesarias para complementar os EPIS e necesidades de protección persoal do persoal do Concello de Melide e do Voluntariado.
     
  8. Voluntarios de Protección Civil, persoal do servizo de limpeza municipal e traballadores da brigada de obras, traballan cada día en tarefas de desinfección de vías e beirarrúas, así como tamén dos espazos máis concorridos estes días, tales como: inmediacións de supermercados, farmacias, centro de saúde, etc. Tamén se están levando a cabo tarefas de desinfección nas parroquias rurais de Melide. 
     
  9. O Concello de Melide mantense contacto coa oposición para informarlle permanentemente das actuacións que se están levando a cabo. A loita contra o coronavirus é tarefa de todos e todas.
     
  10. O Concello de Melide mantén informada á veciñanza de todas as actuacións que se están levando a cabo periódicamente a través dos seus perfís nas redes sociais en facebook, twitter e Instagram, así como na páxina web www.concellodemelide.gal e na súa aplicación móbil: Melide Informa.

O Concello de Melide quere transmitir a toda a veciñanza que se están poñendo todos os medios posibles e ao seu alcance para complementar as medidas necesarias para asegurar, en primeiro lugar, a seguridade dos nosos veciños e veciñas, paliando no máximo posible as consecuencias desta situación. 

O goberno local quere agradecer a todas as persoas que estes días están doblando as súas quendas de traballo e aos voluntarios e voluntarias que mediante o seu facer altruista, fan que Melide día a día loite contra a expansión do Covid-19. 

Agradecemos a colaboración de todos os veciños e veciñas e recalcamos a importancia de seguir extremando as precaucións durante estes días, cumprindo as recomendacións das autoridades sanitarias para poder frear o número de contaxios.  Se tes febre, tos seca ou sensación de falta de aire, o teléfono ao que hai que chamar é o 900 400 116 para os casos leves e ao 061 para os casos graves e de emerxencias. 

Quedar na casa é o papel máis beneficioso nesta situación para frear a expansión do Covid-19 na nosa vila. Contámos co teu apoio! #Euquedonacasa

Comentarios