Acal: ''Considero a xente de Baleira coma da miña familia''

El alcalde de Baleira, Francisco Acal Eirós, recuerda la UCD, partido al que se vinculó en 1977, como "unha formación moi demócrata, na que nos reuníamos con frecuencia, sempre coa ilusión de servir á provincia, sen ir contra ninguén".

¿Nestes trinta anos nunca se lle ocurreu cobrar como alcalde?
Cando o concello é cativo tes que mentalizarte de que o teu labor é gratuíto, sen remuneración, pero tes outro tipo de satisfaccións, cando as cousas saen ben na túa vontade de servir a todo o mundo.

Pero, ¿non hai que ser alcalde as 24 horas?
Non diría tanto, pero si dedicarse mañá e tarde. Moitas veces veste obrigado a ser alcalde para todo. Lembro cando ía coa muller a unha voda e me chamou un veciño para que arranxara a liorta que tiña con outro. Alí fun e conseguín póñelos dacordo. Rematamos tomando un viño e uns chourizos.

¿Non é frustrante ás veces gobernar un concello pequeño cando non hai recursos?
Non temos industrias nin grandes ingresos por licenzas de obra, pero, ao longo deste tempo, foronse cubrindo os servizos básicos dos cidadáns. De calquera xeito, penso que mereciamos unha maior atención por parte das administracións. Baleira ten 119 núcleos repartidos en 119 núcleos de poboación e o mantemento desas infraestruturas xera un gasto tremendo en relacións coas nosas posibilidades económicas.

¿Non está canso despois de 30 anos?
Ás veces penso que os veciños me queren tanto que non me deixan descansar. Fixéronme unha homenaxe polo 25 aniversario na alcaldía, que debe ser o terceiro ou o cuarto. Ninguén se animaba a presentarse e sigo eu, coa ilusión do primeiro día. Considero a xente de Baleira como a miña familia. O meu afán é atender a todos sen ter en conta siglas políticas.

Comentarios