Opinión

Financiamento, un difícil encaixe

O RÉXIME autonómico argallado na Constitución e desenvolvido despois obriga á negociación permanente, porque a diferenza dun sistema federal, non están definidas por completo as competencias de cada institución e o financiamento é pedra angular. Neste pacto imprescindible sempre hai gañadores e perdedores, e no deste ano, se prospera a iniciativa de Facenda, sería nefasto para Galicia, que de ser persoa física en vez de xurídica quedaría con cara de parva, pois cumpriu co déficit ao apertar o cinto tal e como obrigaba o Goberno central durante a crise e deixaría de percibir fondos ao procederse a unha quita das comunidades incumpridoras, que durante este tempo foron acumulando débeda en vez de rebaixala. A reunión deste luns dos baróns populares reflectirá o malestar dalgúns, pero ao final a decisión será pensada politicamente para ben do partido máis que das comunidades.

Comentarios