Imprimir

O festival Revenidas celebrarase antes e cunha imaxe renovada

Efe | 20 de marzo de 2019

O novo cartel do festival Revenidas. @Revenidas
O novo cartel do festival Revenidas. @Revenidas

O porto de Vilaxoán, en Vilagarcía, acollerá o evento os días 9, 10 e 11 de agosto

O festival Revenidas de Vilaxoán, en Vilagarcía, adiantará a súa edición deste ano aos días 9, 10 e 11 de agosto cunha nova imaxe, creada polo deseñador David Lages e baseada na tradición mariñeira da zona e na proposta do escudo de Galicia de Castelao.

Nesta décimo sexta edición, a sardiña, protagonista indiscutible do festival, aparece esta vez caracterizada como unha sirena.

O festival Revenidas converterá un ano máis o porto de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, en punto de encontro multicultural.

O modelo de combinar actividades gratuítas para público familiar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continuará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vinculadas á vila e á contorna na que se celebra.

Ademais das actuacións xa confirmadas de The Baboon Show, Desakato, Flow do Toxo, El Niño de la Hipoteca e Los Jinetes del Trópico, o festival dará a coñecer proximamente a súa programación musical, que incluirá importantes bandas internacionais, estatais e galegas, avanzan os seus organizadores.

Tras esgotar a súa promoción inicial de lanzamento en 15 minutos, os interesados en asistir ao Revenidas 2019 poden comprar xa os seus abonos de tres días –con acampada incluída– por un prezo de 29 euros a través da web www.revenidas.com

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/cultura/festival-revenidas-celebrarase-antes-imaxe-renovada/201903201948331366231.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)