O Festival Atlántica achega dez narradores orais á provincia de Lugo en marzo

Actuarán na capital, Guitiriz, Monforte, A Fonsagrada e Viveiro

Soledad Felloza. TWITTER
photo_camera Soledad Felloza. TWITTER

O Festival Atlántica, que este ano celebra a súa sétima edición, vai chegar por primeira vez á provincia lucense por mor da colaboración coa Deputación e co Concello de Lugo.

Lugo, Guitiriz, Monforte de Lemos, A Fonsagrada e Viveiro acollerán actuacións de dez narradores. Na iniciativa global participan 16 concellos galegos, con 30 contadores en máis de 90 actuacións.

Este grupo vai desenvolver entre os días 20 e o 23 do mes que vén unha programación para todos os públicos, con espectáculos que terán entrada libre e gratuíta ata completar o aforo.

A directora do certame, Soledad Felloza, subliñou a intensidade coa que Lugo se vai incorporar ao festival de narración oral: cinco concellos, catro xornadas, incluído o Día Internacional da Narración Oral, dez artistas e quince actuacións.

O día 20 de marzo actuará Fátima Fernández (Galicia) no Ceip Rosalía de Castro de Lugo ás 12.15 horas. Ás 18.00 horas o alacantino Pablo Albo falará de Cuentos de miedo que dan risa na Biblioteca Municipal de Lugo. A xornada será pechada por Celso F. Sanmartín (Galicia), que actuará ás 20.30 horas no Vello Cárcere de Lugo para público adulto.

Pablo Albo repite o día 21 de marzo. Estará xunto con Raquel Queizás ás 17.30 horas no Salón de Actos dos Chaos, en A Fonsagrada. Será para público infantil. Os adultos poderán volver escoitalos no mesmo lugar ás 20.00 horas. Vero Rilo estará xunto co xaponés Yoshi Hioki ás 17.30 na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. Ambos repetirán para maiores de 18 anos ás 20.00 horas.

O Vello Cárcere lucense acollerá o último espectáculo do día á a cargo de María da Pontragha e Lois Pérez ás 20.30 horas.

O día 22 Vero Rilo e Yoshi Hioki repiten ás 17.30 na Biblioteca Municipal de Lugo. Soledad Felloza e Celso F. Sanmartín estarán ás 17.30 na casa da cultura Lois Pereiro de Monforte. Pablo Albo e Ángeles Goás contarán ás 17.30 horas na Casa Habanera de Guitiriz. Vero Rilo e Yoshi Hioki, no Vello Cárcere ás 19.30 horas.

A casa de cultura de Monforte acolle a Soledad Felloza e Celso F. Sanmartín ás 20.00 horas.

A Casa Habanera de Guitiriz terá ás 20.00 horas a Pablo Albo e Ángeles Goás.

O último espectáculo será especial: Unhas gafas como as do avó a cargo dos galegos Caxoto e Gema Santos, que falarán acompañados de linguaxe de signos ás 11.30 horas no Museo Interactivo de la Historia de Lugo (MIHL).

Comentarios