Opinión

Festas culturais

UN SECTOR económico sobresae mediaticamente sobre os demais como prexudicado pola crise sanitaria que nos invade desde hai máis de medio ano. É certo que a hostalería sobrevive precariamente, pero hai outros segmentos igual de afectados que apenas transcenden, como o da cultura, que estivo durante meses semiparalizada e agora empeza timidamente a asomar a cabeza, pero con extremas dificultades. Non se pode obviar que as industrias culturais aportan en España o 3,2 por cento do PIB, unha porcentaxe similar ao que  representa o sector forestal en Galicia. E necesitan apoio, xa antes da pandemia, como calquera outra, pero agora máis. Que nunhas festas poida haber actividades, con aforo reducido e dentro das normas establecidas, axuda á pervivencia, aínda que sexa fráxil, no entanto algúns aproveitan iso para arremeter contra institucións como arietes políticos. Por máis que este ano sexa distinto, ben distinto, viva o San Froilán.

Comentarios