Imprimir

Fernández Paz deixa unha obra inédita que sae á luz aos 4 meses da súa morte

Jaureguizar | 17 de noviembre de 2016

Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz
'A Casa do Medo'’ é unha obra breve de terror que será presentada este venres na Coruña ►Está protagonizada por un artista que regresa á súa vila para enfrontarse ao pasado

Unha novela inédita do vilalbés Agustín Fernández Paz, ‘A Casa do Medo’, será presentada este venres na Coruña cando se cumpren catro meses do seu pasamento. A editorial Rodeira vén de publicala en galego e Edebé farao en castelán.

‘A Casa do Medo’ está protagonizada por un artista que triunfou en París e que regresa ao lugar no que se criou, Valverde, dende o que marchou a Vigo con doce anos. Ese home lembra unha de domingo dos anos 50, cando un mozo inocente quedou encerrado na Casa do Medo, que tantos outros temían. A vivenda non estaba maldita; a súa realidade era aún peor: trátabase dun vórtice que secuestraba os mozos para introducilos no macabro xogo do Señor das Serpes.

Será presentada no colexio coruñés no que comezou a súa carreira docente

O protagonista accede a un mundo onde imperan leis máxicas armado unicamente cun amuleto. Nese ámbito terá que subir cantís esculpidos no aire, descender á Illa da Lúa, loitará contra centos de réptiles, atravesará un bosque maldito e loitará contra o mesmísimo Señor das Serpes, que ten atemorizada a vila na que reside Aurora, unha encantadora meiga adolescente.

Deberá vencer ao Señor das Serpes para volver ao seu mundo e rescatar a mozos que , como el, foron presa do seu desafío terrible.

O protagonista, que aterra no aeroporto de Lavacolla chegado dende París, vese tentado de regresar, pero decide «buscar canto antes o fío» que lle permita «revivir a traxedia dos días que marcaron» o final da súa infancia.

‘A Casa do Medo’ ten unha estensión máis cativa que outras novelas de Fernández Paz, pois ten 128 páxinas. Os capítulos son breves, suman vinte e teñen unhas cinco páxinas como media. Os seus títulos fan referencia tanto a lugares (‘A Illa da Lúa, A Casa da Maga’, ‘O Bosque Sombrío’) como a situacións (‘En perigo de morte’, ‘Atrapado na ratoeira’).

MESTRE. A obra será presentada mañá no Colexio Fogar de Santa Margarita, da Coruña, o lugar en que Agustín Fernández Paz empezou a exercer como mestre.

O acto contará coa asistencia de membros da súa familia , a escritora Fina Casalderrey , a tradutora Isabel Soto e a editora de Rodeira, María Xesús Gómez.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/cultura/fernandez-paz-deixa-unha-obra-inedita-que-sae-luz-aos-4-meses-da-sua-morte/20161117000000389976.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)