Ferido un operario golpeado por unha vaca nunha explotación de Guntín

Urxencias Sanitarias mobilizou un helicóptero ante as "graves feridas" do home
Helicóptero medicalizado trasladado hasta Irixoa. HELICO SANTIAGO
photo_camera Un helicóptero medicalizado. ARCHIVO

Un home resultou ferido de consideración na mañá deste martes ao ser golpeado por unha vaca cando traballaba nunha explotación gandeira en Guntín. 

Atendendo á información divulgada pola central do 112, as "graves feridas sufridas" polo operario levaron a Urxencias Sanitarias de Galicia a mobilizar un helicóptero medicalizado ata a granxa, situada en Ferroi. 

Foi sobre as 12.35 horas cando un particular alertou dos feitos ao 112 Galicia. A central do 112 solicitou a intervención do servizo sanitario, da Garda Civil e do GES de Monterroso, que se desprazaron á zona para apoiar a aterraxe da aeronave medicalizada.