A feira do libro de Viveiro arrinca este mércores: aquí tes toda a programación

Nove casetas, presentacións, obradoiros e moitas actividades máis forman parte do evento, que se desenvolve ata o día 18 nos xardíns Noriega Varela

A vixésimo terceira feira do libro de Viveiro arrinca este mércores e esténdese ata o día 18 nos xardíns Noriega Varela, con nove casetas. A escritora burelesa Antía Yáñez será a encargada do pregón oficial, mentras que o infantil correrá a cargo de Carmen Basanta Expósito.

Flyer Viveiro-1

Entre as citas máis destacadas figuran a presentación de Matar o heroe, de 
Adolfo Caamaño, gañador do premio de novela en galego Vilar Ponte. Será o 17, ás oito da tarde. 

A propia pregoeira e autora de Senlleiras, obra que aborda o maltrato físico e psicolóxico sufrido por dúas mulleres, presentará este mércores ás oito da tarde o libro xuvenil O misterio do torque de Burela

A vinculación da alimentación coa literatura terá como protagonista a Lucas Requejo, quen preparará delicias para os máis pequenos. O taller será do 16 ao 18, ás sete da tarde.Flyer Viveiro-2

Durante a feira tamén haberá presentacións animadas por música, contacontos, firmas de libros e presentacións, como as do arquitecto Gerardo Ayala, de David Val, Paco Rivas, Emma Pedreira ou Irene Rega.

Os nenos terán á súa disposición a tradicional biblioteca.

Comentarios