Un día 17 sen carne ao caldeiro en Castro

Os catro establecementos que cocen cada día 17 en Carballedo non o farán este mes por mor da incidencia do covid-19

Un prato de carne ao caldeiro.AEP
photo_camera Un prato de carne ao caldeiro.AEP

Os catro negocios de Castro, no municipio de Carballedo, que cocen carne ao caldeiro cada día 17, cando se desenvolve a feira mensual, non o farán nesta ocasión por mor do covid-19. O evento tería que celebrarse mañá martes.

Os establecementos indicaron que non abrirán nin cocerán por motivos de seguridade, pois a evolución da pandemia en Carballedo e na comarca de Chantada elevou o número de contaxios nos últimos días.

Comentarios