Opinión

Feijóo contra todos e todos contra Fejóo

XA ESTÁN case todos os nomes. Apenas falta só achegar as listas nas xuntas electorais nesta carreira galega cara as urnas que presenta a mesma incógnita desde hai trinta anos, se o PP obterá a maioría absoluta ou pola contra os outros partidos sumarán para apartalo do poder. Porque a pesar da división da dereita, hai escasas posibilidades de que entre no Parlamento algún grupo a maiores do popular, Ciudadanos está practicamente descartado e a barreira do 5% semella excesivamente elevada para Vox, porque as autonómicas non son extrapolables das xerais de hai uns meses. Entón parecen competir só os catro grupos que, co mesmo ou distinto nome, teñen representación no Hórreo na última década, un pola dereita e tres pola esquerda, en contraste con outras cámaras autonómicas, como a catalá, na que existen sete. Entón, Feijóo contra todos e todos contra Feijóo, incluso os que poderían ser socios, porque todo semella estar nunha presa de votos.