Feijóo subliña o "carácter intencionado" da "vaga de incendios"

O BNG achaca á política forestal da Xunta a proliferación dos lumes

Alberto Núñez Feijóo, en la rueda de prensa posterior al Consello da Xunta. LAVANDEIRA JR, EFE
photo_camera Alberto Núñez Feijóo, en la rueda de prensa posterior al Consello da Xunta. LAVANDEIRA JR, EFE

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou este mércores aos servizos de extinción, tanto autonómicos como do Goberno central, que traballan na "vaga de incendios" iniciada nos últimos días en distintos puntos de Galicia, con especial afección nos concellos de Dodro e Rianxo, e da que destacou o seu "carácter xeral intencionado". 

Así o fixo durante a súa comparecencia no pleno do Parlamento de Galicia este mércores, onde a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ademais de trasladar a súa "solidariedade" aos veciños destas zonas, relacionou os lumes coas políticas forestais "ao servizo de Ence" que converten a Galicia "nunha polvoreira". 

Ante iso, Feijóo agradeceu o labor dos servizos de extinción e dixo que espera "que o vento do nordés amaine", aínda que "lamentablemente non vai ser así nin hoxe -este mércores- nin mañá -por este xoves-". 

"Quero agradecer ao Ministerio de Agricultura e ao Goberno de España a súa determinación e a súa axuda, e por suposto, aos veciños afectados, o noso compromiso de seguir traballando, de día e de noite, ante esta vaga de incendios, como non pode ser doutra forma, como é habitual, con carácter xeral intencionado", engadiu.

Comentarios